Salud mental de la cianobacteria
28 subscribers
10.2K photos
332 videos
939 files
4.51K links
Que nadie entre aquí sin saber de ecología.
Download Telegram
O pasado 9 de febreiro, Iván, un rapaz de 30 anos de Arzúa, acudiu voluntariamente a Urxencias no Clínico de Santiago porque tivo por primeira vez na súa vida un brote psicótico, algo que lle pode pasar a calqueira ante, por exemplo, unha situación de moito estrés, acontecementos traumáticos ou incluso o consumo de certas substancias, algunhas tan comunes como o alcohol.

Tras varios días deriváronno á área de psiquiatría do Hospital Provincial de Conxo primeiro cun ingreso voluntario asinado polo rapaz que se converteu nun ingreso involuntario no momento no que a psiquiatra que o leva decidiu que o tratamento mais adecuado eran 9 sesións de electroshoks.

Aínda que moitas persoas pensan que é algo do pasado, o certo é que os electroshoks (ou TEC, “terapia electroconvulsiva”) son un vello tratamento que se aplica habitualmente en Galiza e en moitas partes do mundo dende hai más de 80 anos a pesar de ser denunciados como tortura por colectivos de supervivintes á psiquiatría e de que xa foron prohibidos en varios países.

O Sergas defende o emprego do tratamento dicindo que é seguro aínda que non ten carácter curativo e pode acarrear graves efectos secundarios e secuelas de por vida. A Organización Mundial da Saúde considera que so se debe aplicar esta técnica cando a persoa que a recibe foi debidamente informada e deu o seu consentimento previo”, o cal non é o caso para Ivan xa que nin él nin a sua familia deron o seu consentimento, todo o contrario.

A nai e o pai de Iván solicitaron que lle deran o alta o seu fillo para trasladalo a unha clínica privada de Sevilla chamada Samu Wellness que non aplica electroshoks pero un xuiz de Santiago denegou esa solicitude e autorizou as 9 sesións de electroshoks en días alternos.

A familia está librando unha batalla legal sen descanso dende entón pero ven impotentes como avanza este terrible procedemento que xa vai pola 5ª sesión e que podería estarlle causando graves secuelas a Iván. Este pasado mércores sufriu unha hemorraxia nasal de orixe descoñecido que podería estar relacionada cos electroshoks.

As persoas e colectivos sensibilizados coa loita contra as violencias psiquiátricas e a favor da autonomía e liberdade das persoas para elixir sobre os seus corpos e sobre tratamentos médicos non podemos permanecer impasibles.

Non podemos permitir que se lle aplique ningunha sesión de electroshoks máis a Ivan, nin a ninguén mais que non dera o seu consentimento informado.

Estamos intentando organizar para os próximos días un acto de solidariedade con Ivan e a súa familia e de denuncia desta barbaridade e precisamos saber canta xente podería acudir.

Por favor, se estás interesadx non dubides en poñerte en conntacto con nos!

Polo fin dos electroshoks! Polo fin das violencias psiquiátricas! Liberdade para Iván!