Salud mental de la cianobacteria
Photo
NON AO ELECTROSHOCK. NON A TORTURA PSIQUIÁTRICA. HAI ALTERNATIVAS.
Ante as medidas coercitivas e invasivas padecidas por Iván contra a súa vontade na unidade psiquiátrica de agudos do Hospital de Conxo, e ante a vulneración de dereitos fundamentais que iso representa, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS vese na obriga de facer público o seguinte pronunciamento:
PRIMEIRO. De acordo coa información científica aberta e existente na actualidade, a terapia electro-convulsiva (TEC) non conta con soporte científico. O ensaio clínico máis completo realizado a ata o momento mediante grupo de control foi publicado en 1980 baixo o título Norhwick Park ECT Trial (Proba de TEC do Parque de Norhwich), dando como resultado que non existen diferenzas entre o TEC real e o simulado en pacientes depresivos. A esta mesma conclusión chegan os estudos realizados nos anos 1998 e 2002. Non está de máis recordar que un dos máximos defensores desta técnica foi Richard Abrams, psiquiatra presidente da compañía Somatics LLC, fabricante desde 1984 da máquina Thymatron. As súas conclusións foron incluídas en informes publicados pola American Psychiatric Association. Por outra banda, está acreditado que esta terapia pode producir danos na memoria e lesións cerebrais debidas ao síndrome cerebral orgánico que a propia técnica induce. Ao noso entender, estas evidencias son causa suficiente para que o paciente manifestase a súa negativa a ser tratado con esta técnica.
SEGUNDO. Consideramos que se está violando o dereito de Iván á súa autonomía persoal e á capacidade de decidir sobre a súa saúde ao non considerar como válida a súa manifestación verbal e escrita, antes do tratamento, de non recibir a terapia TEC. Esta manifestación do paciente ten o mesmo valor que as instrucións previas e, polo tanto, facer caso omiso deste feito vulnera o dereito fundamental á integridade física e moral prevista no artigo 15 da Constitución Española de 1978.
TERCEIRO. A reacción da psiquiatra, ante a negativa lexítima do paciente a recibir o tratamento de acudir á vía xudicial para aplicar unha terapia invasiva, ignorando os antecedentes vitais e de saúde de Iván e descartando outras alternativas de conciliación, diálogo e atención, é agresiva e desproporcionada. Esta forma de proceder retrotráenos a unha visión paternalista e autoritaria da atención, hoxe contraria ao espírito da Lei de Saúde de Galicia, cuxos principios informadores se inspiran na colaboración, diálogo e participación do paciente nos procesos de saúde.
CUARTO.. Entendemos que a resolución xudicial pola que se lle impón a Iván someterse á terapia de electroshock e é considerado incapaz para tomar decisións no ámbito da súa saúde non está amparando o dereito do paciente ao consentimento informado e prívao da tutela xudicial, ao non considerar válida a súa negativa ao tratamento e indagar sobre outras posibles alternativas de atención que concilien o dereito á saúde e a autodeterminación persoal. Non podemos entender, desde o sentido común, como se pode privar da capacidade de decidir sobre o seu propio corpo ao mesmo tempo que se admite para poder actuar dotado de dereitos en todos os ámbitos da vida social. Hai que recordar que Iván, no mesmo documento no que manifesta a súa negativa ao TEC, outorga poder de representación procesual a avogado e procurador. Ou que a fiscalía emite informe no que se lle recoñece como único titular do dereito a acceder á súa historia clínica.
QUINTO. O caso de Iván, lamentablemente, non é o único. Moitos pacientes en silencio soportaron e soportan o tratamento TEC na unidade psiquiátrica do hospital de Conxo. Hoxe, grazas á valentía de Iván e da súa familia, saen fóra dos muros hospitalarios prácticas que a maioría da poboación descoñece e que seguen sendo de uso habitual a pesar de dispoñer doutras alternativas de tratamento non bioloxista mais respectuosas co carácter do ser humano. Desde aquí, o noso máis profundo agradecemento a familia de Ivan.

Non é tolerable que nun Estado que se autoproclama de dereito, o sistema público de saúde actúe sobre a base da violación sistemática e brutal dos dereitos das persoas e teña no principio de autoridade e de arbitrariedade unha das súas pautas de actuación.
Queremos rematar esixindo que se poña fin a unha práctica do electroshock que calificamos como tortura psiquiátrica impropia dunha sociedade do século XXI tolerante e respetuosa cos dereitos inherentes coa condición humana e que se devolva a Iván a capacidade de decidir sobre a súa saúde mediante a anulación da resolución xudicial ditada.
Invitamos a todos as persoas desta área sanitaria a manifestarse o martes 12 ás 19:30 horas na praza do Toural de Santiago de Compostela en apoio de Ivan e da súa familia e pola eliminación do electroshock das terápias psiquiátricas.
Compostela a 10 de abril do 2023

David M. Peña-Guzmán, el investigador que conoce las pesadillas de tu perro: "Que los animales puedan soñar pone presión ética a los seres humanos" | Público
http://www.publico.es/sociedad/david-m-pena-guzman-investigador-conoce-pesadillas-perro-animales-puedan-sonar-pone-presion-etica-seres-humanos.html

www.publico.es
David M. Peña-Guzmán, el investigador que conoce las pesadillas de tu perro: "Que los animales puedan soñar pone presión ética…
David M. Peña-Guzmán es profesor de la Facultad de Humanidades de la Universidad Estatal de San Francisco (EEUU). Durante años ha tratado de estudiar el comportamiento y la consciencia animal. El académico publica ahora Cuando los animales sueñan (Errata…
"A poeta analfabeta": La historia de Luz Fandiño, icono "punk" de los jóvenes
https://www.lavanguardia.com/vida/20201112/49415396354/a-poeta-analfabeta-la-historia-de-luz-fandino-icono-punk-de-los-jovenes.html

La Vanguardia
"A poeta analfabeta": La historia de Luz Fandiño, icono "punk" de los jóvenes
José Carlos Rodríguez Santiago de Compostela, 12 nov (EFE).- Con 88 años, la poeta Luz Fandiño confía "plenamente" en la gente joven, esa que la ha convertido e...
La historia del proyecto de control de la mente de la CIA: LSD, hipnosis y otras prácticas destapadas por un misterioso suicidio
https://www.xataka.com/medicina-y-salud/historia-proyecto-control-mente-cia-lsd-hipnosis-otras-practicas-destapadas-misterioso-suicidio

Xataka
La historia del proyecto de control de la mente de la CIA: LSD, hipnosis y otras prácticas destapadas por un misterioso suicidio
En 1973, el director de la CIA, Richard Helms, ordenó que se destruyeran a toda prisa todos los documentos de un proyecto con más de 20 años: el MK Ultra. Un...
Juan Luis Arsuaga: “La vida no puede ser trabajar toda la semana e ir el sábado al supermercado” | Ciencia | EL PAÍS
https://elpais.com/elpais/2019/05/31/ciencia/1559293697_965411.html#Echobox=1681748236

El País
“La vida no puede ser trabajar toda la semana e ir el sábado al supermercado”
El paleoantropólogo Juan Luis Arsuaga, que acaba de publicar un libro, confiesa que su cargo más importante es el de profesor en la universidad
Forwarded from Meta-Communism
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM