Salud mental psico social transcapacitada
14 subscribers
9.11K photos
299 videos
793 files
3.61K links
Que nadie entre aquí sin saber de ecología.
Download Telegram
Como hoxe é o Día Mundial da #SaúdeMental, vou recuperar vellos artigos aínda válidos para que a xente se sitúe agora que está de moda o tema, a xente anda a tirarse dos edificios e os desubicados andan boureando por "MÁS PSICÓLOGOS" sen saber o inútil e insuficiente que é eso.

https://adiante.gal/mana-sol-e-bo-tempo-contexto-e-axendas-da-saude-mental/#

"Na área da sanidade é bastante coñecida a influencia que exercen os grupos de presión farmacéuticos aínda que tamén hai un forte control no terceiro sector. Esta influencia explica a resistencia, moi dura, aos enfoques terapéuticos psico-sociais, ao concepto de recuperación, á posibilidade de non usar neurolépticos nos tratamentos… Hai moitos cartos investidos durante décadas para sementar unha cultura bioloxicista e patoloxizadora na percepción popular das emocións e das relacións humanas, convertidas agora en trastornos cunha orixe e tratamentos biolóxicos.

Na área social, temos un sector altamente burocratizado desde hai décadas; até o punto de que pequenas empresas ou asociacións quedan fóra de concursos e subvencións públicas e privadas. Cando pregunto nas asociacións sobre o porcentaxe de traballo que dedican á intervención e o que ocupan en tarefas burocráticas, as respostas dan que un 70% do tempo vaise en traballo de tipo administrativo. As tarefas burocráticas teñen que ver con plicas administrativas, plans de calidade (moi discutidos pola súa utilidade real, por certo), esixencias das entidades que subvencionan (fundacións ou obras sociais), avaliacións dos proxectos e cousas polo estilo."

Grazas eternas a Adiante por ser un dos poucos medios que permitiu expresar a nosa voz sen mediacións, tutelas, familias ou maquillaxes de ninguén.

https://adiante.gal/mana-sol-e-bo-tempo-contexto-e-axendas-da-saude-mental/#
Outro artigo para hoxe, Día Mundial da #SaúdeMental, grazas de novo a Adiante, de cando trataba de ser máis propositivo nos textos pero antes de pensar en "emprender" xa que ninguén facía unha merda.

https://adiante.gal/isto-non-e-unha-queixa/

"Unha perspectiva clara decataríase de que a maioría destas violencias suceden no contexto sanitario (bio-médico) faría unha proposta na liña de “o mellor ingreso é o que non existe”. A afirmación anterior colócanos no tempo, lugar e eventos previos que desembocan nun ingreso médico-psiquiátrico: o contexto social (psico-social). É no terreo da comunidade onde moitos pensamos que debería desenvolverse a inmensa maioría do esforzo de intervención en saúde mental. Abordar unha reforma sanitaria implica unha enorme esixencia de tempo, enerxía, formación, reciclaxe, cartos e capital humano fronte ao beneficio de atacar á raíz do malestar e as crises coas estruturas xa existentes e aproveitables con moito menos esforzo. Non é o mesmo pedir que non te peguen que facer por non ter que pegarte con ninguén. Por outra banda, a intervención comunitaria e preventiva en saúde ten un custo moito menor que repercute na saúde xeral, non só mental, de toda a comunidade."

Ten segunda parte:

https://adiante.gal/ate-chegar-a-algures/#

"Suponse que unha vía importante para apoiar a recuperación nos trastornos mentais é o emprego. Implica unhas mínimas relacións sociais, establece rutinas de actividade e descanso, permite certos ingresos, favorece a emancipación e autonomía da persoa, mellora a súa autoestima…

Ben, pois somos un dos colectivos con máis paro con cerca dun 80%. Algo que semella non encaixar e ten pinta de que o emprego precario e o oportunismo inmoral do empresariado ten algo que ver. Por suposto, tamén hai na actualidade unha hexemonía de valores sociais capacitistas que non favorecen a saúde xeral de ninguén."
Outro para d Día da #SaúdeMental, e van xa tres, esta vez grazas ao O Salto Galiza , outro medio sen mordazas e con respeto aos que non teñen voz en grandes medios, eses que só permiten falar con ventriloquías de familiares e técnicos.

https://www.elsaltodiario.com/psiquiatria/suicidios-da-xente-resto-da-xente#

"Até onde calquera pode saber, cando alguén se suicida faino porque sofre, e o sufrimento ten causas. Do mesmo xeito, un trastorno mental non aparece da nada en plan, “ola, son a túa esquizofrenia”
Quinto e último artigo para hoxe, Día Mundial da #SaúdeMental. Publicado na revista SISO da Asociación Galega de Saúde Mental (federada na Asociación Española de Neuropsiquiatría). Aínda que conto os efectos das relacións e cultura locais na miña familia e as súas repercusións nos meus trastornos e conduta, a desiderata que fixen ao Concello de Ourol non tivo repercusión. Seica está todo dios sanísimo, non sei porqué insisten en tirarse dos viaductos. Agradecementos a Chus Gómez, psiquiatra e directora de unidade de Piñor en Ourense que se por min fora, tería título de tola honoraria. Estes días están cun proxecto de arte tolo, ArteEspida, no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza

Xusto estes días estaba retomando este tema, o espazo entre ós determinantes sociais e a experiencia individual dun trastorno mental "grave". Estou traballando nun texto que xa darei difusión por aquí e onde sexa.

https://transistemas.wordpress.com/2023/06/06/mis-historias-las-de-mi-familia-y-las-de-mi-comunidad-no-caben-en-un-diagnostico-psiquiatrico/

"Efectivamente, mi madre me decía a veces que no contara nada a nadie. Para mí, un exceso de celo que al principio no entendía del todo. ahora entiendo que era una forma de protección frente al engaño. Un miedo que venía de su falta de formación, de su conocimiento limitado de la gestión de su patrimonio, de los engaños que ya había sufrido por parte de su entorno social, del hecho de que era una mujer rural y apenas alfabetizada, de que fue probablemente la primera mujer de su contexto social que se había atrevido a divorciarse, que por muchos de estos hechos y circunstancias se la entendía como en los límites de la sociedad y sus costumbres, siendo catalogada como loca (un clásico histórico en la discriminación contra las mujeres), etc.
Contradictoriamente, aunque no he tenido nunca la boca muy cerrada con temas personales, sí que interioricé la orden de eso no hables con nadie, generando muchas veces una tensión incómoda en forma de sensación de vulnerabilidad, paranoia y complejo de bocazas. estas fueron las formas de relación y de entender a las personas que aprendí de mi madre y que ella aprendió de su contexto social y cultural."